Abre o prazo de inscrición para os cursos preparatorios das probas Celga en lingua galega

O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde este martes 15 de febreiro ata o 7 de marzo. As persoas interesadas -que deben ser maiores de 16 anos ou facelos neste ano natural- só teñen que seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Calquera outra forma de presentación de solicitudes non será admisible. Por outra banda, cada persoa pode inscribirse nun único curso. Ofértanse un total 35 cursos, 27 deles en liña (que cobren os catro niveis) e oito presenciais (para os niveis 2, 3 e 4) repartidos entre as catro provincias. Todos os cursos serán impartidos entre o 21 de marzo e o 12 de maio, mentres que as probas para obter as titulacións Celga serán realizadas entre os meses de maio e xuño. Toda a información sobre horarios e localizacións dos cursos pode consultarse no Portal da Lingua Galega.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha