Abre o prazo de inscrición para participar no XIV Mercado das Rutas do Mar de Muxía

O prazo de inscrición para participar no XIV Mercado das Rutas do Mar de Muxía estará aberto ata o xoves 28 de xullo. As persoas interesadas en poñer un posto deberán anotarse no departamento da concellería de Cultura do Concello, en horario de 10:30 a 13:00 horas, comunicando en que consistirá dito posto a instalar. Rematado o prazo haberá unha reunión coas persoas inscritas o venres, 29 de xullo ás 13:30 horas, no salón de plenos do Concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha