Abre o prazo de renovación de matrícula na Escola de Música de Cee

A Escola de Música de Cee abrirá de novo as súas portas para acoller a todos aqueles que desexen estudiar acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba ou violín. Dentro da Escola poderase formar parte de todos os grupos que conviven nela: Banda de Música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, minibanda e banda de gaitas. O prazo de renovación de matrícula para os alumnos/as que están cursando estudos neste curso 2024/2025, comprende o período do 9 ao 20 de xuño (ambos incluídos). De non renovar a matrícula neste período, as súas prazas pasarán a formar parte da oferta de prazas vacantes que se ofrecerán a aquelas persoas que se matriculen por primeira vez na Escola.

Rematado o prazo de renovación de matrículas, publicarase no taboleiro de anuncios da Escola de Música, o día 26 de xuño, a oferta de prazas vacantes para alumnos/as de novo ingreso. Prazo para a reserva de prazas vacantes dende o 27 de xuño ata o 9 de xullo  (ambos incluídos). Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes.

A cuantía das Taxas regulada na Ordenanza Fiscal é a seguinte:

ConceptoTaxa
Matrícula25
A) E.M.A. (*)42 €/mes
B) E.M.I.Cursos 1º a 6º (**)42 €/mes
C) Música e Movemento (nen@s 4,5,6 anos)25 €/mes
D) Preparatorio Linguaxe (nen@s 7 anos con inst.)35 €/mes
E) Preparatorio Linguaxe (nen@s 7 anos sen inst.)25 €/mes
F) Só Linguaxe Musical20 €/mes
G) Só Instrumento32 €/mes

* E.M.A. (Educación Musical Adultos)

Nesta opción hai dúas modalidades:

– A.1) adultos que estudian linguaxe musical e un instrumento

– A.2) adultos que estudian harmonía/educación auditiva máis un instrumento. Esta modalidade só é valida para o alumnado que rematou o 6º curso.

De igual forma que na Educación Musical Infantil, aqueles alumnos que opten ademáis por un segundo instrumento, abonarían 20 € máis por mes.

** E.M.I. (Educación Musical Infantil-xuvenil): Os cursos de 1º a 6º son para alumnado a partir dos 8 anos. As clases inclúen linguaxe musical e un instrumento. No caso de solicitar un segundo instrumento, tería un coste a maiores de 20 € por mes.

Engadir tamén que este alumnado, desde o 3º curso ten ademáis clase de coro.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar