Abre o prazo de solicitude das axudas para a formación a desempregados

1 minutes read

A iniciativa permitirá incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas a través dunha oferta deseñada pola Consellería de Emprego e Igualdade que está adaptada ás necesidades do tecido empresarial e ao novo contexto xerado pola covid-19. Así mesmo, a iniciativa permitirá aos participantes acceder aos certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Estas axudas poden concorrer ata o próximo 31 de maio, cando finalizará o prazo de solicitude, as entidades que sexan titulares de centros de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral naquelas especialidades formativas para as que se soliciten os apoios, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.

Esta convocatoria para os anos 2021/2022 inclúe algunhas novidades para adaptar a formación ao novo contexto xerado pola crise sanitaria. Así, adóptanse medidas flexibles para facilitar o desenvolvemento dos cursos nun escenario de pandemia como é o impulso da teleformación e a aula virtual para, por exemplo, os casos nos que o alumnado teña que estar confinado e responder, deste xeito, a causas sobrevidas como consecuencia da covid-19.