Este xoves queda aberto o prazo de solicitude para as máis de 37.500 prazas de Formación Profesional para o vindeiro curso. Cómpre lembrar que se incrementa nun 25% o número de prazas tanto na FP Dual, con 120 proxectos novos, como nos másteres de FP, con 34.
A presentación de solicitudes permanecerá aberta ata o vindeiro 5 de xullo ás 13,00 horas. As principais datas, que poden consultarse no Portal Educativo con detalles para cada unha das modalidades, son as seguintes:
Réxime e modalidade | Presentación de solicitudes | Listaxe provisional de solicitudes | Listaxe definitiva de solicitudesListaxe de prazas adxudicadas | Período de matrícula para as persoas admitidas |
Ordinario e modular para as persoas adultas | Do 23 de xuño ás 9,00 h. ao 5 de xullo ás 13,00 h. | 8 de xullo | 19 de xullo | Do 19 de xullo ao 22 de xullo ás 13,00 h. (para a 1ª adxudicación) |
FP Dual | Do 23 de xuño ás 9,00 h. ao 5 de xullo ás 13,00 h. | 6 de xullo | 11 de xullo(do 11 ao 14 de xullo haberá un período de selección polo centro educativo e as empresas)Prazas adxudicadas e en espera o 15 de xullo | Do 18 de xullo ao 26 de xullo ás 13,00 h. |
Másteres de FP | Do 23 de xuño ás 9,00 h. ao 5 de xullo ás 13,00 h. | 8 de xullo | 19 de xullo | Do 19 de xullo ao 26 de xullo ás 13,00 h. |
Do total das prazas, 26.400 son para os ciclos ordinarios, cunha vintena de incorporacións; 4.400 no réxime de persoas adultas e con cinco ciclos máis; 4.300 na FP a distancia, tamén con 11 ciclos a maiores; 680 prazas en másteres de FP, dos que se estrean nove; e un total de 1.800 prazas en FP Dual, onde se ofrecen arredor de 120 proxectos a través de 56 titulacións diferentes.
A oferta detallada por provincia e concello pode consultarse no Portal Educativo.