Abre o prazo de solicitudes das axudas á hostalaría e axencias de viaxes da Coruña, Santiago e Ferrol

PIXABAY

Os pequenos negocios de hostalaría e axencias de viaxe das cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol tamén poderán solicitar, a partir do luns 24 de maio, ás 8.00 horas, as axudas do programa PEL-REACTIVA 2, un plan específico impulsado pola Deputación da Coruña e dotado con 9 millóns de euros para apoiar á hostalería, hospedaxe, axencias de viaxes e ocio nocturno, sectores gravemente afectados pola pandemia da Covid-19.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, explicou que o obxectivo, “é que estes 9 millóns de euros en axudas directas que poñemos ao dispor da hostalaría, hospedaxe e as axencias de viaxe da provincia podan chegar ao maior número de beneficiarios e coa maior axilidade posible, para axudar a reactivar un sector especialmente danado pola crise da Covid-19 e composto, en máis dun 90%, por autónomos/as e microempresas”.