Abre o prazo para a incorporación de novos centros ao ensino plurilingüe en Galicia o próximo curso

1 minutes read

Isto permitirá seguir estendendo a aprendizaxe dunha lingua estranxeira no sistema de ensino galego, tanto na Rede de centros plurilingües (primaria e secundaria) como na etapa de Infantil (Plurinfantil) e Bacharelato (Pluribach). Tal como vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, os centros teñen de prazo ata o 30 de abril para remitir as súas solicitudes.Todas estas convocatorias enmárcanse na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras (EDUlingüe), para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, na que se contemplan medidas e accións para a mellora da competencia lingüística en linguas estranxeiras do alumnado galego.