Abre o prazo para a toma de posesión de 64 novos médicos fixos na atención primaria

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia publicou este venres unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, polo que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 4 de maio de 2023. As persoas nomeadas disporán do prazo máximo dun mes para incorporarse de modo efectivo no destino elixido.

Deste xeito, darase cobertura estable a 64 prazas de atención primaria de difícil cobertura que, ou ben se atopaban vacantes ou estaban cubertas por persoal interino e que non foran elixidas nos últimos procesos de concurso de traslados ou ofertas de emprego público.

Galicia incorpora con este proceso a 8 profesionais que non traballaban previamente en ningún outro servizo do Sergas, senón que proveñen doutras comunidades autónomas ou de organismos estatais como o Instituto Social da Mariña, e que decidiron optar a esta oportunidade de lograr unha praza en propiedade no Sergas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?