Abre o prazo para anotarse ao Curso Intensivo de Natación de Verán que organiza a A.D. Fogar en Carballo

Curso natación_PIXABAY

Segundo a dispoñibilidade de prazas e por orde de inscrición o vindeiro luns día 27 de abril abrirá o prazo para anotarse ao Curso Intensivo de Natación de Verán que un ano máis organizan desde a A.D. Fogar en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. O programa deste ano engloba tres grupos en niveles de iniciación, aprendizaxe e dominio dirixidos a nenos e nenas de 3 a 10 anos que non sexan socios do club. A actividade contará cunha oferta total de unhas trinta prazas e impartiráse na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo entre o 30 de xuño e o 30 de xullo en quendas de martes e xoves de 12:45 a 13:30 horas. A partir do 27 de abril podedes confirmar as vosas reservas en liña picando AQUÍ e seguindo as instrucións do formulario de inscrición. Este verán desde a A.D Fogar din ¡¡ MÓLLATE CONNOSCO EN CARBALLO !!. Son centro certificado pola RFEN en canto á calidade na ensinanza da natación dentro do seu Programa Nacional NADAR É VIDA.

Related posts

A Xunta dá luz verde ambiental á ampliación dunha explotación de gando vacún de leite en Ponteceso

Carballo convida a participar nun “ensaio fotográfico” para descubrir os mellores lugares para ver o eclipse de agosto

Rexistrados ata 16 tremores de terra na provincia de Lugo dunha magnitude de ata 3,9 graos