0
O Concello de Muxía abre, ata o vindeiro 28 de setembro, o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Teatro. As prazas serán limitadas e, por tanto, as persoas interesadas deberán inscribirse na sede electrónica do Concello ou presencialmente no rexistro municipal. A idade mínima de participación será de 18 anos. O Concello pon a disposición da veciñanza o teléfono do departamento de Cultura, o 981 74 20 01, para calquera tipo de dúbida ou para máis información.