Abre o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Teatro de Muxía

Imaxe de arquivo da Escola Municipal de Teatro de Muxía_Concello

O Concello de Muxía abre, ata o vindeiro 27 de setembro, o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Teatro.
As prazas serán limitadas e, por tanto, as persoas interesadas deberán inscribirse na sede electrónica do Concello de Muxía. A idade mínima de participación será de 18 anos. O Concello pon a disposición da veciñanza o teléfono do departamento de Cultura, o 981 74 20 01, para calquera tipo de dúbida ou para máis información.