Abre o prazo para inscribirse nas Catas de Queixos e Meles de Galicia 2022

1 minutes read

A Xunta organiza unha nova edición das Catas de Queixos e Meles de Galicia 2022, en colaboración cos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexida dos queixos e da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia. Así, todos aqueles interesados en participar neste certame teñen de prazo ata ás 14,00 horas do vindeiro 27 de outubro para enviar o correspondente boletín de inscrición debidamente cumprimentado ao consello regulador correspondente, quen certificará que as empresas que se inscriban cumpren os requisitos e condicións establecidas nas bases do concurso.

Deste xeito, celebrarase a XXV Cata dos Queixos e a XXI Cata dos Meles de Galicia. En cada unha desas catas, haberá diferentes categorías ás que poderán concursar os participantes, aínda que só se poderá presentar unha marca por categoría e subcategoría, debendo esta atoparse en comercialización e amparada polo consello regulador da denominación de orixe correspondente. Toda a información relativa ás bases do concurso e as inscricións pódense consultar na seguinte ligazón: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/alimentacion/cata-queixos-meles