Abre o prazo para participar na Cata de Queixos e Meles de Galicia deste 2023

1 minutes read

Os interesados en participar no recoñecemento destes produtos poden descargar o documento para anotarse na web da Consellería do Medio Rural e, posteriormente, deberán envialo ao correspondente consello regulador antes do 30 de outubro.

As catas, que terán lugar os días 15, 16 e 17 de novembro, elixirán aos mellores queixos e meles participantes. No caso dos primeiros, poderán formar parte da degustación os queixos elaborados polas industrias inscritas nos rexistros de cada unha das catro denominacións de orixe protexidas de Galicia, que son a DOP Queixo Tetilla, a DOP Arzúa-Ulloa, a DOP Cebreiro e a DOP San Simón da Costa.

Por último, nos meles as tres categorías ás que se poden presentar os participantes son a de Monofloral, a Multifloral e a de Mel de Bosque.