Trátanse de axudas dirixidas ás persoas autónomas que se atopen en situación de desemprego e desexen volver emprender tras ter que cesar a súa antiga actividade por causas económicas e a aquelas que teñan en mente cambiar de actividade económica para volver emprender nun sector emerxente. O Bono Nova Oportunidade está dotado de cinco millóns de euros, un crédito co que o Goberno galego prevé poder beneficiar a 470 persoas traballadoras por conta propia.
O programa inclúe dous tipos de financiamento: o Bono Alta Nova Oportunidade para apoiar a posta en marcha do novo negocio cunha axuda de 9.000 euros; e o Bono Formación e/ou Mentoring, dotado de 1.600 euros, para financiar accións de formación de 40 horas como mínimo en xestión xerencial, comercial ou financeira, marketing dixital ou calquera outra que teña relación directa co negocio a emprender; e/ou para acompañar aos emprendedoras cunha persoa mentoria. Os dous bonos son compatibles entre si, polo que a axuda pode chegar aos 10.600 euros por persoa.
A crise provocada pola covid-19 obrigou a persoas autónomas a pechar os seus negocios ou a reorientalos, e a Xunta de Galicia quere facilitar o seu retorno ao emprendemento ou ao cambio de actividade.