Abre o prazo para solicitar subvencións destinadas ás confrarías de pescadores


Estas axudas contarán este ano con 462.000 euros destinados pola Deputación da Coruña cunha cota de entre mil e trinta mil euros para apoiar ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia en cuestións coma a contratación de persoal ou a modernización das súas infraestruturas, procesos de produción e comercialización. O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, subliñou “a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos”. “Desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico que no último ano tamén se veu seriamente afectado pola pandemia, pero que segue liderando as cifras de pesca fresca, con máis de 78.000 toneladas de peixe, o 52% do total de Galicia, vendidas o ano pasado”, apuntou.