43
O Concello de Cerceda abre o procedemento de solicitude de recollida de plásticos agrícolas nas explotacións do municipio. Realizarase o vindeiro 8 de marzo, e as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 881 04 67 76.
O plástico debe estar nun lugar accesible para o vehículo encargado de realizar esta tarefa, xa que o fará cun guindastre especial. O plástico, isto é fundamental, debe estar limpo, sen residuos e atado, do contrario non se poderá facer efectiva a recollida.
Desde o goberno local insisten na necesidade de “impulsar periodicamente este tipo de servizos, que ademais de supoñer unha descarga para os gandeiros de Cerceda, tamén é unha medida beneficiosa medio ambientalmente”, sinalan.