A Consellería de Sanidade abriu o proceso de participación cos axentes do sector sanitario Galicia, para avanzar no proceso de elaboración da nova Estratexia de Saúde de Galicia 2030, o principal documento estratéxico da política sanitaria galega segundo o define a recente Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Así, as asociacións científicas, os colexios profesionais, as asociacións de pacientes, as organizacións sindicais, as universidades ou as fundacións de investigación sanitaria terán hasta o vindeiro 15 de abril para remitir as súas achegas. A través dun formulario online con dez cuestións de partida, a Consellería pon o foco en aspectos relativos ao desenvolvemento efectivo dun modelo de atención integrada, no reto de abordar a cronicidade e o tratamento do paciente complexo, asi como en aspectos vencellados ao desenvolvemento do desempeño profesional e ao avance na investigación e innovación especialmente en novas terapias e tratamentos.
0