Abre un novo portal web con información tributaria para residentes no exterior

O novo enlace permitirá coñecer aos residentes en 11 países de Europa e retornados a Galicia cuestións relativas as rendas, aos estados de tributación, as pensións así como aos impostos de sucesións, de rendas de non residentes e de patrimonio e bens no estranxeiro. A Secretaría Xeral da Emigración ofrece, a través deste portal, unha serie de informacións básicas para aclarar, nunha primeira aproximación, as cuestións básicas vinculadas á tributación das rendas obtidas por persoas físicas que teñan a condición de galegos/as retornados/as ou de galegos/as no exterior. Ademais, tamén, a través dos enlaces orientarase de xeito sinxelo e visual sobre as regras xerais existentes en relación aos principais criterios previstos para cada tipo de renda segundo os países, centrándoos nas persoas físicas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha