Abren dilixencias contra a residencia DomusVi e dous altos cargos da Xunta

Cedida.

O coronavirus nas residencias de maiores chega aos tribunais. O Xulgado de Cangas admite a querela presentada por familiares de dúas usuarias da residencia DomusVi de Cangas e  abre dilixencias contra a directora da residencia, a conselleira delegada de DomusVi España e máis contra dous altos cargos da Xunta. Estes son María Berta Bicada, xefa dos servizos de Inspección de Maiores e Discapacitados, e Ildelfonso de Cámpaa, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. A querela presentarona familiares de dúas usuarias da residencia de Cangas que contraeron o coronavirus, das que unha faleceu.