40
A Garda Civil de Camariñas detivo a un home tras a denuncia presentada pola súa parella por presuntos malos tratos físicos e psíquicos no domicilio particular que ambos compartían en Baio. Tras pasar a disposición xudicial en Corcubión, o home, quedou este xoves en liberdade con medidas cautelares e unha orde de afastamento da persoa denunciante, entre outros cargos.
En Carballo, as forzas de seguridade tamén instrúen dilixencias contra outro home que presuntamente agrediu a súa parella na tarde deste xoves nun domicilio particular do lugar de Ferradal, correspondente á parroquia carballesa de Bértoa.