Abriu o prazo de inscrición para Santiago(é)tapas

dpm.

Este martes comezou o prazo de inscrición para a XIII edición do Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, que se celebrará entre o 11 e o 28 de novembro.
O concurso, que tivo que ser suspendido no 2020 por mor das restricións en vigor durante o mes de novembro do ano pasado, supón unha oportunidade para dinamizar o sector antes do Nadal.

Ademais, de xeito paralelo a Santiago(é)tapas, a Asociación Hostelería Compostela, organiza tamén a segunda edición do Santiago(é)Cóctel. Poderán participar nestes concursos todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago que o desexen, sempre que estean en posesión das licencias oportunas.

Deberán rexistrarse para tal fin entre os días 25 de setembro e 9 de outubro (ambos incluídos) cubrindo a folla de inscrición que se lles facilitará a través do correo electrónico info@santiagoetapas.com ou do formulario que atoparán na páxina santiagoetapas.gal. As bases destes dous concursos pódense consultar nesa mesma web.