A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de abrir o prazo de solicitude das axudas para mercar bicicletas eléctricas, que nesta edición amplíase e abrangue tamén as de pedaleo asistido para cadeiras de rodas. A convocatoria ten carácter bianual e as achegas poden pedirse ata o 15 de novembro do 2024 ou ata que se esgoten os 1,7 M€ de orzamento. Con carácter xeral, a Xunta achega ata o 50 % do prezo da bicicleta eléctrica, cun máximo de 500 €. No caso das familias numerosas, os incentivos cobren o 60 %, cunha achega tope de 600 €; e, de ser familia numerosa con categoría especial ou de mercar as bicicletas de man híbridas ou eléctricas, as axudas acadan o 70 % do custo, ata un máximo de 700 €. Esta iniciativa ten por obxecto facilitar a compra de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido co fin de promover desprazamentos máis sustentables e saudables e fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte, lecer, turismo e deporte.
35