As persoas que queiran mercar unha bicicleta eléctrica poden presentar ata o 15 de novembro a súa solicitude para acceder ás axudas autonómicas a través dun establecemento adherido previamente ao programa, que será o encargado de tramitar a petición ante a administración. Nesta primeira convocatoria, á que a Xunta ten intención de darlle continuidade nos vindeiros anos, destinaranse un total de 500.000 euros para financiar a adquisición de bicicletas eléctricas. O obxectivo é diminuír o uso do coche particular, favorecer modos de transporte non motorizados, reducir emisións á atmosfera, diminuír a contaminación acústica e promover unha vida máis saudable. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, achegouse a un establecemento comercial de venda de bicicletas para presentar esta iniciativa.
28