Absolto por acoso na vía penal o ex-xefe do Corte Inglés de Santiago

Cedida.

O Xulgado do Penal número 1 de Santiago de Compostela absolveu dos delitos de acoso sexual, abusos sexuais e acoso laboral ao ex-xefe de planta do Corte Inglés de Santiago que si foi condenado pola vía civil por acosar sexualmente a unha traballadora deste centro. A sentenza considera que os comportamentos «de contido sexual ou non» deste caso «quedan fóra da órbita penal». O xuíz di que «a pura solicitude de favores de natureza sexual no ámbito laboral non é delitiva», pois debe provocar unha situación «gravemente intimidatoria ou humillante». Considera que «o que se lle pode censurar ao acusado con fundamento» no trato co seu equipo e coa denunciante son «os malos modos no mando».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha