Absoltos os implicados na Operación Orquesta


Os seis últimos implicados na Operación Orquesta, Juan Bautista Areas Lestón, José Carlos Leis Caruncho, Daniel Ogando Ogando, Daniel Ogando de la Sierra, Jorge Luis López Lago e Ramón Vigo Sambade, foron absoltos dos delitos que se lles imputaban tras ser declaradas nulas as escoitas telefónicas practicadas, por vulnerar os “dereitos fundamentais”, e nas que se basaba a súa acusación . A Audiencia dalles a razón aos acusados por un defecto na formación da peza separada.