Absoltos Rodrigo Rato e 33 acusados máis pola saída a bolsa de Bankia

Imaxe dunha oficina Bankia en A Coruña_Google Maps

  • Na sentenza ponse de manifesto que a saída a bolsa estivo supervisada por todos os responsables

Os 34 acusados no xuízo pola saída a bolsa de Bankia foron absoltos pola Sala do Penal da Audiencia Nacional dos delitos de estafa a inversores e falsidade contable. Entre eles atópase o expresidente da entidade e do Fondo Monetario Internacional (FMI), Rodrigo Rato.

Na sentenza emitida este martes, e que consta de máis de 440 páxinas, ponse de manifesto que a saída a bolsa da entidade estivo sempre supervisada por todos os responsables e que no xuízo tan só se expuxeron actitudes xenéricas dos acusados, pero non actos actos concretos.