Acábase o pesadelo na Palma

1 minutes read

Tres meses e 6 días é o que durou este inferno que viviron os habitantes desta illa canaria. Os científicos do Plan de Emerxencias Volcánicas deron por finalizada a erupción tras 10 días nos que o volcán deu signos de esgotamento de forma continuada. As autoridades rexionais de Canarias respiran aliviadas.

Julio Pérez, portavoz do Goberno rexional de Canarias, declarou:_ «O rigor científico e técnico e os precedentes das erupcións históricas canarias obrigaban a establecer un período de cautela ata que puidésemos dicir isto que digo hoxe: a erupción terminou»_ Con todo insisten en que a emerxencia non se acabou debido a que aínda hai aínda que en menor medida gases, cinzas e calor.

Hai máis de 1600 edificacións destruídas, estradas sepultadas e centos de cultivos arrasados. Ademais toca buscar unha vivenda para centenares de familias que perderon o seu fogar. A reconstrución, segundo as autoridades, comezará o próximo luns, anunciou Pérez, e na primeira quincena de xaneiro prevense algúns realoxamentos das persoas que perderon as súas vivendas debido ao avance das diversas coadas de lava que xerou o volcán.