Accidente con feridos en Arantón, Santa Comba

1 minutes read

O sinistro produciuse ás 17:25 horas da tarde deste domingo. O 112 Galicia mobilizaba aos servizos de urxencia por un accidente de tráfico entre dous vehículos, con feridos non atrapados no lugar de As Antes, parroquia de Arantón en Santa Comba. Unha vez no punto e logo de verificar que non había atrapados, os Bombeiros de Santa Comba procederon a sinalizar o lugar do accidente para evitar danos maiores e logo da retirada dos vehículos implicados por dous guindastres, á limpeza da estrada. Mentas tanto os feridos foron evacuados do lugar ao hospital. Tamén acudiron Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.