Accidente con feridos en Canduas, Cabana

Actuación GES_Arquivo.

Unha persoa tivo que ser evacuada, na mañá deste martes, logo de colidir dous vehículos en Cabana de Bergantiños. O 112 Galicia recibiu o aviso a través dun particular que informaba dunha colisión entre dous vehículos, na parroquia de Canduas, concretamente no lugar de As Grelas. Segundo relataba o alertante, os ocupantes dos turismos accidentados puideron saír dos coches polo seu propio pé.

Con todo, recibida esta información, os xestores do 112 Galicia deron aviso aos servizos sanitarios, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico e tamén, por se fose necesaria a súa intervención, aos Bombeiros de Carballo. Xa no lugar, os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal confirmaban que unha persoa tivo que ser evacuada en ambulancia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha