Accidente con feridos en Carballo


Pasadas as sete e media da tarde deste martes tivo lugar un accidente de tráfico preto do punto quilométrico 1 da estrada DP-1914 que une Carballo con Portomouro. Concretamente na primeira curva próxima ao cruce que dá acceso ao lugar da Brea.

Por motivos a determinar dous vehículos chocaron frotolateralmente quedando desprazados uns 12 metros de distancia entre si.Por mor do impacto dúas persoas resultaron feridas, unha evacuada en ambulancia ao centro médico de referencia e outra foi levada polos seus medios. Cabe destacar que nese punto a velocidade está limitada a 50 Km/hora.

Acudiron ao lugar, en primeira instancia, os servizos sanitarios nunha ambulancia do 061 para atender aos feridos, Protección Civil e a Policía Local de Carballo, que tiveron que regular o táfico ao estar os dous coches atravesados nos carrís de circulación, mentras non se fixo cargo a Garda Civíl de Tráfico.