45
Na tarde deste xoves produciuse un accidente entre dous turismos na estrada AC-552, á entrada de Cee. O 112 Emerxencias Galicia coordinou o envío de asistencia médica ao lugar, así como á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Cee. Unha persoa resultou ferida de consideración e tivo que ser evacuada en ambulancia ao hospital. O operativo continuou coa limpeza da vía para restablecer a normal circulación do tráfico rodado.