Pasadas as 21:45 horas deste mércores tivo lugar un accidente de tráfico con feridos na estrada DP-1914 Km 9,5, preto de lugar da Pereiriña, na parroquia carballesa de Entrecruces. No sinistro víronse implicadas dúas furgonetas, unha delas de gran capacidade. No lugar a velocidade está limitada a 60 Km/h. A estrada estaba moi mollada e na zona había unha densa néboa que dificultaba bastante a visibilidade.
Ao lugar para atender aos feridos, en primeira instancia, acudiu unha ambulancia do 061, os Bombeiros do parque comarcal de Carballo e Protección Civil, procedendo tamén a regulación do tráfico, dado que o accidente se produciu nunha zona de curvas con pouca visibilidade e un vehículo cortaba totalmente o carril de circulación en sentido descendente.