Accidente de tráfico cunha persoa ferida na AC-5813, no Concello de Sada

Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos foron alertados pasadas as 19:00 horas deste sábado dun accidente de tráfico acontecido na AC-5813, ao paso da vía polo concello de Sada.

Na incidencia, un turismo bateu cunha moto provocando que a persoa ocupante desta última tivese que ser trasladado ao CHUAC. O operativo despregado polos bombeiros consistiu na limpeza de vía e contou co apoio da Policía Local de Sada, a Garda Civil e o 061.

Related posts

Oito empresas presentan ofertas á Xunta para o cambio de cuberta do CPI O Cruce de Cerceda

A Deputación da Coruña recibe máis de 330 solicitudes nas convocatorias de axudas de Política Social

UCIN Santiago propón a creación do Axente Cívico para mellorar a convivencia en épocas de alta afluencia turística