Accidente de tráfico entre unha ambulancia e un turismo no núcleo urbano de Vimianzo

Os bombeiros do parque provincial de Cee foron mobilizados no mediodía deste venres por un accidente entre unha ambulancia e un turismo no núcleo urbano de Vimianzo, concretamente no punto quilométrico 67 da AC-552. Non houbo feridos de gravidade, aínda que a condutora do vehículo tivo que ser trasladada ao hospital por unha dor no pescozo.

Ata o lugar tamén se desprazaron Policía Local de Vimianzo, Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento tanto do Concello como de conservación de estradas.

Related posts

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso