Accidente de tráfico mortal en Meis cun coche sen carné implicado

112 Emerxencias

Segundo informa o 112, un home de mediana idade morreu e dúas persoas máis resultaron feridas ao chocar dous vehículos en Meis na tarde deste venres. O sinistro ocorreu na estrada PO-531, á altura de Paradela pouco despois das cinco e media.

Por causas que se investigan, un coche sen carné chocou con outro vehículo no que ian dúas persoas. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, efectivos da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Meis.

Os medios chegaron rapidamente ao punto e confirmaron que había varias persoas que precisaban atención sanitaria. Dous dos implicados foron evacuados ao hospital. A un terceiro, o condutor do vehículo sen carné, practicáronlle manobras de reanimación no punto.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago para poder trasladalo. Pero as manobras de reanimación non deron resultado e só puideron confirmar o seu falecemento no mesmo lugar. 

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’