Accidente de tráfico mortal en Beade


A Axencia Galega de Emerxencias informou da caída dun vehículo por un terraplén ao saírse da vía na estrada OU-212, no concello de Beade. Como consecuencia do accidente faleceu o condutor, un home de 43 anos. O turismo que conducía saíu da vía pola marxe dereita e caeu por un noiro, o home saíu despedido, a Garda Civil de Tráfico investiga se levaba posto o cinto de seguridade. Canda o falecido viaxaba o fillo da súa muller de nove anos que si tiña posto o cinto e só sufriu feridas leves. Ao lugar acudiron os servizos sanitarios, bombeiros do Carballiño, GES de Ribadavia, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.