Accidente de tráfico mortal no lugar de O Barro, no Concello da Baña

O persoal do parque provincial de Santa Comba interveu durante esta pasada madrugada nun accidente de tráfico que ocorreu ao redor das 00:14 horas no Concello da Baña, no lugar de Barro. O vehículo afectado colisionou violentamente cunha árbore na marxe esquerda da vía dirección Nantón e provocou o falecemento do condutor e único ocupante do turismo.

Ao chegar ao lugar do accidente, e despois da inspección perimetral, os bombeiros identificaron que o coche quedara moi deformado na zona do condutor, que non respondía a ningún estímulo, decretando as sanitarias no punto o seu falecemento. 

Ante a situación, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico e axentes da Policía Nacional. Tamén se informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se resultara necesaria a súa colaboración.

Related posts

Santa Comba, Negreira, Narón, Santiago, Carnota, Cedeira e Noia acollen a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa

Presentada en Tordoia a segunda edición da Carreira Camiño da Vía Verde

Charla sobre a soidade non desexada no centro residencial de Arteixo