0
Na mañá deste domingo tivo lugar un accidente de tráfico no lugar de Sardiñeiro en Fisterra. Tratouse dunha saída de vía dun turismo Opel. O 112 Emerxencias Galicia movilizou ao 061 e aos Bombeiros de Cee, a Protección Civil de Fisterra e á Garda Civil de Tráfico. Unha vez no punto, os servizos médicos atenderon ao condutor do turismo. Acto seguido foi retirado o vehículo e realizada a correspondente limpeza da vía.