Accidente entre dous turismos na estrada Carballo – Caión

Minutos antes das tres da tarde deste domingo tivo lugar unha colisión frontolateral entre dous turismos na estrada DP-1909 que une o lugar da Rega en Bértoa con Caión (A Laracha). O suceso produciuse nun acceso próximo ao quilómetro tres da vía entre un turismo da marca Mercedes e un Ford Mondeo. Como consecuencia do choque dúas persoas resultaron feridas leves, o ocupante dun dos turismos sangraba pola cara e foi evacuado do punto ao centro médico de referencia. Ao lugar acudiu unha patrulla de Tráfico, Atestados da Garda Civil de Tráfico así como Protección Civil e os Bombeiros, que unha vez retirados os turismos procederon á limpeza da vía. A estrada estivo cortada varios minutos para facilitar a evacuación dos turismos sinistrados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha