Un coche patrulla da Policía Local de Cerceda caeu por un barranco de máis de 15 metros cando comprobaba o estado da estrada pola que ía transcorrer a cabalgata de Reis este martes. Cando a cabalgata chegou ao punto descubriron o accidente e deron a voz de alarma. A axente tivo que ser excarcerada e foi trasladada en helicóptero ao Hospital Universitario da Coruña. Ten un brazo e varias costelas rotas e feridas nunha perna pero está fóra de perigo. A cabalgata foi suspendida neste mesmo punto da estrada que vai de Meirama ás Encrobas, reanudouse en Cerceda ás tres e media da tarde.