Accidente grave en Cores – Ponteceso


Ás 11:45 horas deste sábado tivo lugar un accidente grave na estrada DP-4307 que une os concellos de Malpica e Ponteceso, o sinistro produciuse ao seu paso pola parroquia pontecesá de Cores. Dous turismos, un Mercedes e un Peugeot, colisionaron fontalmente e os seus ocupantes resultaron feridos de gravidade. Cinco persoas viaxaban nos dous coches, os máis graves foron evacuados do lugar, dous en ambulancia e un terceiro en helicóptero medicalizado. O 112 Emerxencias Galicia movilizou duas ambulancias, aos bombeiros de Ponteceso, un helicóptero e a Garda Civil de Tráfico, que investiga as causas do sinistro.