Accidente grave na AG-55 en Coristanco

1 minutes read

Unha persoa que circulaba nun turismo resultou ferida despois de que o vehículo rematase fóra da vía de forma moi violenta. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os Bombeiros de Carballo tiveron que empregar o material de excarceración para liberar á persoa accidentada. Os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 37 da AG-55 e foi un particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia pasados uns minutos da medianoite. A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada. A persoa ferida foi trasladada ao centro médico de referencia logo de ser liberada.