O accidente producíuse na VG-43, no quilómetro 1,8 ao seu paso pola parroquia de Vilariño, en Cambados. No sinistro víronse implicados polo menos 3 vehículos. Foi un choche frontal que se saldou con dous feridos, segundo informou AXEGA.
O actidente mantivo cortado o tráfico unhas horas. Tempo no que foi desviado pola estrada provincial PO 549 (Vilagarcía-Cambados). Pouco antes das 11 da mañá o tráfico xa quedou aberto na vía de alta capacidade.
O impacto deixou numerosos restos na calzada, polo que foi necesaria a participación do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas, aínda que nestas tarefas tamén colaboraron os Bombeiros do Salnés, que achegaron máis auga para limpar e recuperar as condicións de seguridade da calzada.