18
Un veciño de Riotorto de 71 anos de idade perdeu a vida ao envorcar o tractor que conducía. O home transportaba un remolque cargado de madeira por unha pista en pendente. O sinistro produciuse a escasos metros da súa vivenda cando o vehículo envorcou e quedou atrapado debaixo. Malia que se desprazou un helicóptero medicalizado ata o lugar, cando os bombeiros de Barreiros conseguiron sacar o corpo, o condutor xa estaba morto. O acciddente ocurriu no lugar de Lorigados. Tamén participaron neste dispositivo a Garda Civil e o GES da Pontenova.