Accidente mortal en Muxía

Accidente mortal en Muxía_ Bomberos Costa da Morte.

Semana tráxica esta que termina en canto a accidentes mortais na Costa da Morte. Tras o suceso conmovedor ocorrido o xoves en Malpica con dous falecidos, nesta ocasión, un home veciño do lugar de Xuxarantes en Muxía, falecía pasados uns minutos das 10 da noite deste venres tras unha saída de vía co seu vehículo no lugar de Oruxo, no mesmo térmo municipal muxiá. Unha vez dada a voz de alarma, o 112 Emerxencias Galicia coordinou o envío de Protección Civil de Muxía, os bombeiros de Cee e unha ambulancia, pero á chegada dos efectivos de auxilio xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. A Garda Civil de Tráfico instruíu o correspondente atestado para tratar de determinar as causas do accidente.