53
Dous turismos chocaron de forma frontolateral ás 19:20 horas deste luns no punto quilométrico 10,2 da estrada AC-413, ao seu paso pola localidade da Tablilla, pertencente ao Concello de Cerceda. O suceso produciuse nun tramo recto da vía, onde a Garda Civil de Tráfico investiga as causas do sinistro. Como resultado do choque faleceu no punto o condutor dun dos turismos de 61 anos de idade e o condutor do outro, de 31 anos, foi evacuado de urxencia do lugar ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).