39
Pasados uns minutos das sete da tarde deste sábado tivo lugar un accidente por alcance entre dous turismos na estrada DP-1909, no lugar de As Travesas, correspondente á parroquia carballesa de San Miguel de Vilela. Os dous vehículos circulaban en sentido a Carballo e un deles alcanzou ao outro por detrás. Por sorte non houbo feridos de consideración, pero si importantes danos materiais. Ao lugar acudiu Protección Civil de Carballo e a Garda Civil de Tráfico. Foi necesario regular en tráfico tras o sinistro, os coches ocupaban un carril de circulación e o accidente produciuse nunha curva pronunciada.