Accidentes con feridos en Erbecedo, Coristanco e en Santa Irene, Baio

1 minutes read

O primeiro dos sinistros tivo lugar ás 3 e media da tarde deste martes na estrada DP-1912, que comunica o núcleo urbano de Coristanco co lugar da Canosa, na parroquia carballesa de Rus, ao seu paso polo lugar de A Braña, en Erbecedo. Unha Citroën C-15 terminou semi envorcada na cuneta tras realizar unha manobra imprevista por culpa dun can. Como consecuencia do accidente unha persoa tivo que ser evacuada ao hospital. Ao lugar acudiron Protección Civil e a Policía Local de Coristanco, así como unha Ambulancia do 061 que trasladou ao ferido.

O outro accidente reseñable, ocorrido este martes, tivo lugar ás 11 e media da noite, xusto na saída da AG-55 en Santa Irene, Baio. As condicións da vía non eran boas debido á choiva e outra persoa resultou ferida.