Xornada accidentada de novo este domingo nas estradas da Costa da Morte, aínda que por sorte sen consecuencias persoais graves. A peor parte levouna unha ocupante dun turismo que sufriu un accidente no lugar de Xallas, Concello de Cee. O sinistro produciuse á primeira hora da tarde e unha persoa tivo que ser evacuada do lugar en ambulancia.
Minutos máis tarde, e a quilómetros de distancia producíase outro accidente, non menos aparatoso, pero simplemente houbo que contabilizar danos materiais en dous turismos. Un deles, unha furgoneta repartidora de pan, circulaba pola estrada DP-1914, que une Carballo e Portomouro. Á altura de Casaldares na parroquia de Entrecruces iniciou unha manobra de xiro mentres, supostamente, outro vehículo que lle precedía tentáballe adiantar. Como resultado das manobras realizadas ambos os turismos chocaron e terminaron bloqueando un dos carrís de circulación. Ao lugar desprazouse Protección Civil de Carballo e a Garda Civil de Tráfico, que instruíu as correspondentes dilixencias.