Estas accións formativas, postas en marcha pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, van dirixidas ás alumnas e alumnos das ramas nas que estes riscos está máis presentes (instalacións de telecomunicación, enerxías renovables, obras de interior, decoración e rehabilitación ou electricidade, entre outras), de xeito que poidan abordar os riscos específicos das actividades que realizarán como futuros profesionais e que lles permitirá anticiparse e reaccionar de xeito preventivo. O obxectivo deste cursos é a adquisición dos coñecementos fundamentais sobre os riscos e as medidas de seguridade que hai que ter en conta antes e durante o uso da escada e para a súa correcta colocación. A iniciativa realízase no marco do labor formativo que leva a cabo a Xunta para acadar contornas laborais máis seguras e con persoal máis cualificado, colocando a saúde laboral e o coñecemento como eixos básicos da dinamización económica. As accións teñen unha duración total de seis horas lectivas, cinco das cales son de carácter práctico e contarán cun máximo de 15 alumnos/as por edición.
| Datas | Lugar | Destinatarios | Horario |
| 21 de novembro | Lugo | CIFP Politécnico de Lugo | 8:30 a 14:30 |
| 22 de novembro | Lugo | CIFP Politécnico de Lugo | 8:30 a 14:30 |
| 23 de novembro | Lugo | CIFP Politécnico de Lugo | 8:30 a 14:30 |
| 24 de novembro | Barbadás (Ourense) | IES Chamoso Lamas_Carballiño | 8:30 a 14:30 |
| 25 de novembro | Lugo | CIFP Politécnico de Lugo | 8:30 a 14:30 |
| 30 de novembro | Barbadás (Ourense) | ACO | 8:30 a 14:30 |
| 1 de decembro | Barbadás (Ourense) | IES A Farixa | 8:30 a 14:30 |
| 2 de decembro | Barbadás (Ourense) | IES A Farixa | 8:30 a 14:30 |
| 14 de decembro | Barbadás (Ourense) | IES García Barbón (Verín) | 8:30 a 14:30 |
| 15 de decembro | Barbadás (Ourense) | IES García Barbón (Verín) | 8:30 a 14:30 |
| Datas | Lugar | Horario | Nº prazas |
| 21. 22 e 23 de novembro | CIFP A Xunqueira (Pontevedra) | 08:30 a 14:00 | 12 |
| 23, 24 e 25 de novembro | CIFP A Xunqueira (Pontevedra) | 17:00 a 22:30 | 12 |
| 24, 25 e 28 de novembro | CIFP A Xunqueira (Pontevedra) | 08:30 a 14:00 | 10 |
| 29, 30 de novembro e 1 de decembro | CIFP A Xunqueira (Pontevedra) | 08:30 a 14:00 | 11 |